lunes, 9 de agosto de 2010

Un.

Unha mañá de inverno, os termómetros rozaban números dunha soa cifra, os cristais estaban empañados e as rúas baleiras.
Era unha habitación fría, as súas paredes así a facían coa súa cor azul como a auga do mar, como os seus incribres xélidos ollos.
Era preguiceira, moito máis aínda no inverno e gustáballe disfrutar da calor que as sabas conservaban intacto a pesar das baixas temperaturas exteriores.
Tapada ata as cellas, encollida coma se fose unha pelotiña de lá, imaxinaba unha praia baleira nun día soleado da estación máis cálida.
Sendo xa a quinta vez que soaba o espertador, aínda que moito ó seu pesar, dediciu erguerse.
Vestiu rápidamente a bata e calzou as pantufas decoradas con paraugas multicores, e foi á cociña. Fixo un café con leite e acompañouno cunhas galletas María. Volveu rápidamente a refuxiarse na súa habitación.
Ficou no espello do armario; as olleiras, o despeluxado cabelo simulando a melenda dun león.. Calquera persoa nesas condicións estaría horrible pero non ela. Os seus ollos eclipaban as olleiras e o cabelo dábale un aspecto informal pero sexy.
Vestiu; pantalóns, botas, chaqueta, bufanda e un gorriño de aviador.
Pintou os beizos de
vermello.
Comezou o seu camiño. Mentres agardaba na parada lía un libro de J. Joyce imaxinándose ela mesma una "dublinensa" máis. O tranvía facía xogo cos seus beizos.
Sentou e continuou lendo ata que a súa lectura foi interrumpida pola presenza dun mozo que se sentou en fronte dela. Os seus esforzos por continuar foron en balde, os seus ollos non ficaban quetos un instante. Miraban ó mozo e escapaban da súa mirada, avergoñados, poñíanse de acordo coas súas meixelas para camaleonizarse e cambiar de cor constántemente.
A viaxe fíxose longa. Como se o planeta se houbese parado.
O mozo escoitaba "The Beatles" cun reproductor
verde pistacho, agochado no peto do pantalón. Miraba as rúas, medias baleiras e empañaba a ventá do autobús co seu alento. Non tan incoscientemente como ela, aínda que de reollo, tampouco podía parar de mirala. El xogaba a atopar a mirada da moza e ela a escapar coma se uns nenos estivesen zogando ó "pilla pilla" tras os seus ollos.
El era un mozo alto, co pelo castaño rizado, aínda que non se apreciaban máis que unhas ondiñas recén traídas da perruquería. Vestía unha camisa de cadros azuis eléctricos e brancos, vaqueiros, deportivas, chaqueta e unha bandoleira que arrecendía a coiro e facía xogo cos seus ollos, casi negros, cheos de misterio e con toques de dozura.
Dirixíase a clase. Collía ese tranvía todolos días e nunca vira a aquela preciosa moza dos beizos encarnados.
As súas miradas seguían xogando e sen saber como, atopáronse mirando fíxamente. Parecía que tiñan uns potentes imáns con tal forza atractiva que non se podían despegar o un do outro.
Soou a campaíña da parada e foi para ela como o seu espertador mañaneiro que sempre facía que se escorregasen os seus soños. Chegara ó seu destino e ninguén lle garantía que se volvesen ver.
Levantouse lentamente e baixou do asento ata a porta. Nunca tivera tan poucas ganas de que sea abriran aquelas malditas portas!
Baixou e comezou a camiñar sen ganas. Ía xa bastante lonxe da parada cando oíu uns pasos moi fortes. Quedou paralizada. Notaba o alento fatigoso na nuca, como antes lle pasara ó cristal. Non lle deu tempo a reaccionar. Antes de xirar completamente, el, bicouna apasionadamente. O mundo acelerouse; as flores explotaron coma na primaveira, os paxaros cantaban, as follas secas das árbores voaban.. Todo ía ó ritmo dos seus latidos.
Así foi como se coñeceron o mozo que escoitaba The Beatles, e a moza dos beizos
vermellos.

1 comentario:

  1. Me ha encantado, de verdad.
    Y en gallego además, con la poca gente que lo usa para escribir y lo bonito que queda...
    Espero poder leer algo más tuyo pronto!

    Un beso! :3

    ResponderEliminar