sábado, 21 de agosto de 2010

Tres.

Canto me alegro de terte coñecido. Penso que por unha vez na miña vida podo describir á perfección como me sinto agora. Ó teu carón. Baixo esta sonrisa expectante, e esta mirada namorada, baixo esta tostada pel, centos de miles de fogos artificiais estoupan ó tempo, milleiros de cores na miña alma, no meu corazón. O meu sistema nervioso está en alerta, pendente de cada roce e cada caricia, e nada máis percibilas, transmíteas ó meu cerebro a través dun cosquilleo máxico, seguindo como camiño a miña columna, e cando chega o meu pescozo, un soplo de aire no corazón. Estou contenta. Máis que contenta. Teño unha sensación de un vals, un tango e unha samba no meu estómago que fan remover todo. É comparable, é igual que a primeira vez que subes nunha montaña rusa. Dache medo, medo a ter medo. Pero subes, sen pensalo, e o teu sangre quéntase, a súor percorre a túa fronte e os teus nivéis de adrenalina dispáranse. Chegan ata as nubes, ata a extratosféra e ata a luna. Ata esa luz que brilla máis calquera estrela, que confundes coa Polar, pero non é máis que Venus. Ata ahí chega. E ata Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno. E ata Plutón. Chega máis ala da Vía Láctea. E en tres segundos o teu corazón ponse de cero a cen. Mareando o sangue de tanto bombealo. Así me sinto. Como cando comes nata montada directamente do bote. Excitada e impaciente, nerviosa. Disfrutas de dous segundos e vívelos a cámara moi moi lenta, eres capaz de facelo exactamente igual que o facían os vixiantes da praia ou en Sexo en Nova York, exactamente igual que cando Romeo bica a Xulieta ou cando o vestido de Marilyn voa. Como cando eres pequeno e levántaste dúas horas antes o día de Navidade, chegas ó salón e baixo a árbore descubres que é o teu nome o que está escrito no paquete máis grande de todos. Como cando estás a noite sen durmir e hai dúas cifras no papel do exame correxido, como cando descubres a un cantante de rúa, mellor que calquera famoso, e vas velo tódolos días, mellor que como te sentes cando pechas os ollos e o escoitas. Como cando nun día caluroso, cando nada pode calmar a túa sede comes sandía. Como cando a túa vexiga está a punto de reventar, e atopas un baño. Síntome bastante mellor que xenial. Por moito que pense, e que busque non existe término para describilo. Pecho os ollos e está todo cheo de cores, de sonrisas, de ollos negros, verdes e amarelos, de flores e de corazóns. E se os abro estás ti. ¿Que hai mellor ca iso? ¿Unha casa de chocolate? ¿Romeo and Juliete de Dire Straits? ¿Un orgasmo? ¿Un xogo enteiro de maletas de Louis Vuiton? ¿Un frapuccino vainilla laté? Nada, absolutamente nada. Felicidade con dous terróns de azucre moreno que só é interrompida polo medo o tempo. O peor dos meus terrores xunto ás arañas. Non creo na vida eterna, nin me vai eso de contar. Só considero que as cousas teñen un principio e un final. Sen duración estipulada nen forma posible de tela en conta. Nin segundos, nin minutos, nin horas, días, meses nin anos. Ready, steady, go e c'est fini. Así que intento non atoparme con bichos para que non resulte ningún ferido e trato de non pensar, só existir. Temores vencidos. Só me queda seguir disfrutando deste intre.


Creo que non te podes facer unha idea de canto te quero. Dende aquel primeiro momento que te vin, souben que isto pasaría. Cando me sentei e ti estabas fronte de min, o meu corazón comenzou a gritar. Tan forte, que puiden oílo non só con cerebro, se non coas orellas. Non articulaba palabras pero facíame entender que eras ti, que non te podía deixar marchar. Todo en ti esperta a miña admiración. Admiro a túa forma de vivir, sen preocupacións, sen tempo, sen normas nen obrigas, admiro a túa paciencia e a túa tranquilidade, admiro como te pintas os beizos, porque o movemento faime recrear una carretera, a trescentos quilómetros por hora, e a cor espertame paixón, maxia de luna, e a mesma sensación que cando ves unha estrela fugaz. Unha cousa tan insignificante pódeme dar a vida cando me falta o alento, pode darlle sabor ós bicos; a fresas con moito azucre, casi azucre con fresas. Encántame cando falas. Pasaría cincocentos anos e dúas reencarnacións escoitándote. Quizá só mirándote. Pero a dozura da túa voz complementa todo. És perfecta. Sabes colocar cada palabra mellor cá anterior, formando as mellores frases, monólogos ou conversacións habidas e por haber. Quero pasar a miña vida contigo. Non e moito tempo. Precisaría moitas máis para coñecerte completamente e darte todo o meu amor, ata agotarse. Ó teu lado todo pasa máis a presa, porque cada minuto contigo é marabilloso. Os teus bicos van máis aló que calquera bico na historia da humanidade, nin o bico da fotografía “El beso”, nin o de Madonna e Britney Spears, nin o de Calixto e Melibea. Nun simple roce de beizos activas unha alarma en min, un espertador que sóa ó ritmo de Bonnie Tyler, nun eclipse total do corazón. Fasme chagar as nubes, e fas que estas se abran todas o meu paso. Fasme correr unha maratón por todo un continente e ter ganas de máis. Fasme ir a un parque eólico e xirar a mesma altura e velocidade que os muíños. Fasme volver a nacer, e pasar outro mellor momento da miña vida. Todo iso e máis fas. Quérote, quérote, quérote moitísimo. Ámote. Non quero que isto remate. Non temos ningunha proba de que haxa algo máis aló, pero se o hai estou seguro de que permaneceremos xuntos. Durante siglos e milenios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario